Y se quema recitando el CONXURO
CONXURO
Mochos, coruxas, sapos e bruxas
demos, trasnos e dianhos
espiritus das neboadas veigas
corvos, pintegas e meigas
feitizos das mencinheiras.
Podres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimanhas
oubeo de can, pregon da morte
fucinho de satiro e pe do coello
pecadora lingua da mala muller casada cun home vello
Lume da santa companha, mal de ollo
negros meigallos, cheiro dos mortos
tronos e raios.
Averno de Satan e Belcebu
lume dos cadaveres ardentes
corpos mutilados dos indecentes
peidos dos infernais cus.
Ruxido da mar embrabecida
barriga inutil da muller solteira
falar dos gatos que andan a xaneira
guedella porca de cabra mal parida.
Con este fol levantarei o lume que asemella o do inferno
e fuxiran as bruxas a cabalo das suas escobas
indose banhar a praia das areas gordas.
Oide os muxidos daquelas que non poden deixar de berrar
o queimarse na aguardente
quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas
quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo
embruxamento.
Forzas do aire, terra, mar e lume
a vos fago esta chamada
si e verdade que tendes mais poder ca raza humana, aqui e
agora
facede que os espiritos dos amigos que estan fora
participen con nos desta queimada.
Por Santiago San Xoan, e San Andres
queimada eu te fixen
queimada ti es.